lunes, 22 de junio de 2009

Adoescente afogado

Imos silandeiros orela do vado
pra ver ó adoescente afogado.

Imos silandeiros veiriña do ar,
antes que ise río a leve pro mar.

Súa i-alma choraba, ferida e pequena
embaixo os arumes de pinos e de herbas.
Agoa despenada baixaba da lúa
cobrindo de lirios a montana núa.

O vento deixaba camelias de somana
lumieira murcha da súa triste boca.
¡Vinde mozos loiros do monte e do prado
pra ver o adoescente afogado!

¡Vinde xente escura do cume e do val
antes que ise río o leve pro mar!

O leve pro mar de curtiñas brancas
onde van e vên vellos bois de ágoa.

¡Ay, cómo cantaban os albres do Silsobre
a verde lúa, coma un tamboril!

¡Mozos, imos, vinde, aixiña, chegar
porque xa ise río má leva pra o mar!


Federico García Lorca

No hay comentarios:

Publicar un comentario